A biblioteca Letras de Area do IES Sanxenxo convoca o I Concurso de Bookface.
Pero, sabes o que é un Bookface?
Consiste en fundirse coa portada dun libro encaixando a cara ou
calquera parte do corpo, valéndose de todos os complementos que
queiras e, sobre todo, de moita imaxinación.
O único que
precisamos para crear esta montaxe é dun libro, unha cámara de
fotos ou un móbil.
Para facer un bo “bookface” debemos ter en conta outras
variables: elixir un libro cunha portada onde poder darlle
continuidade co noso corpo, roupa, pelo ou outros obxectos, mobles ou
paisaxes da nosa contorna. Controlar as proporcións e as dimensións
son outras cousas a ter en conta.
Agora, dálle á
cabeciña e anímate a participar con cantas propostas desexes!!!
Envía os teus traballos ao correo: letrasdearea.iessanxenxo@gmail.com
Tiñamos ganas de charlar con Eva Mejuto. Despois de 5 anos da súa primeira edición, Memoria do silencio é un dos libros máis lidos en galego entre o público xove. E por este motivo escollémolo no noso club de lectura.
A historia das irmás Touza, moitas veces denominadas as Schindler galegas, non debía quedar esquecida e iso mesmo foi o que nos contou a autora que chegou a ela case por casualidade.
Contounos que en realidade estaba traballando sobre Frieda Belinfante,
unha chelista e
directora de orquestra holandesa (a Frieda do libro) pero que lle
falaron das irmás Touza e de todo canto fixeron e non dubidou en que aí
estaba unha boa historia.
Desgraciadamente hai moi pouca documentación pero contou coa inestimable axuda do historiador Ramón Estévez, fillo
de Ramón Estévez, un home de 96 anos que colaborou puntualmente con
Lola nunha ocasión para axudar a cruzar a un dos fuxidos.
Así, a partir de cada un dos personaxes e co pano de fondo do wolframio teceu unha historia emocionante e moi necesaria para ese público mozo falto de referentes positivos da nosa historia e máis de mulleres.
E deixou no aire esta pregunta: Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar
Shindler e non temos idea do que pasou no noso propio país? Nos relatos
que consumen/consumimos (filmes, series, libros) faltan aínda moitas historias que contar, especialmente do noso pasado.
¿Por que todos me miran la cabeza? será o vindeiro libro que
leremos no Club de lectura.
Da autora de orixe
palestina e afincada en Australia Randa Abdel-Fattah conta unha
historia persoal con moito humor pero que ao tempo lle supuxo un
grande conflito persoal e coa súa contorna social. Non hai máis que ver a portada para sabermos por onde vai o conto.
Amal, unha moza de dezaseis anos, conta que ocorre cando decide levar
o hiyab posto como di ela “a xornada completa” nunha sociedade
occidental e aínda que pareza o contrario non tan tolerante como a
australiana. Os seus pais, de fortes conviccións relixiosas pero que
educan á súa filla con total liberdade, tentan disuadila da súa
decisión pois saben os atrancos aos que pode enfrontarse pero Amal
está disposta a sobrepoñerse ante as adversidades.
Ademais seremos
testemuñas do seu día a día, a música que escoita, en que pasa o
tempo libre, as conversas coas amigas falando de cuestións amorosas
etc...
Progresivamente
veremos como o que empezou como algo espontáneo vaise convertendo
nunha cuestión máis profunda e a súa personalidade vai
evolucionando pois ve que non só quen está ao seu arredor xúlgana
mal senón que tamén ela xulgou mal a outros e non soubo poñerse no
seu lugar.
Randa Abdel-Fattah
A novela dá pé para tratar outros temas como a da tolerancia
relixiosa, a afirmación da identidade, a sociedade de consumo ou a
carencia de valores do estilo de vida occidental. En poucas semanas
saberemos que pensan os membros do club, mentres tanto toca ir
coñecendo pouco a pouco a Amal e a súa historia.
A sección Larpeiros do clube de lectura do IES Sanxenxo reuniuse o mércores 20 de decembro para falar do libro "El sueño de Berlín". En honra ao nome, a coordinadora do clube obsequiou aos participantes do mesmo cunha bandeza de pastas de té (que pouco durou na mesa) para facer máis confortable a reunión.
Durante os momentos que compartimos xuntos, falamos de empatía, compañeirismo, aceptación da diferencia e superación de medos, temas que se tratan na novela. Nótase que foi o primeiro encontro para moitos dos participantes, pois ao principio custou arrincar as palabras.
Como colofón final, a coordinadora ensinoulles unha miniatura do busto de Nefertiti que os protagonistas de historia, Ana e Bruno, acaban visitando no Neues Museum na cidade de Berlín.
A novela, en xeral, gustoulle aos membros do clube, pero algún deles comentou que en certos momentos se sentira algo agobiado polas descripcións dos episodios de TOC da protagonista, Ana.
Aproveitamos tamén esta reunión para facerlles entrega da seguinte lectura, titulada "Cicuta para dous", escrita pola matemática Rocío Leira e merecedora do XIX Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
Agardamos que a lectura sexa interesante para todos, xa veremos que nos contan na próxima xuntanza.
Despois do encontro inicial agora tocaba poñer en común todo o que descubrimos na novela, os personaxes de Lola, Frieda e Günter, o lugar onde transcorre a historia e os feitos que acontecían na época en que se desenvolve.
Dende que comezou a andar o club de lectura este é o terceiro libro que lemos que ten como trasfondo a II Guerra Mundial e deunos pé para falar de cuestións moi importantes daquela: un mundo dividido en dous bloques antagónicos, o estraperlo como un medio de vida para os habitantes da RAIA, a febre do wolframio e a importancia de Galicia como produtor de mineral.
Buscamos tamén exemplos doutros temas como: a amizade, o odio e a intransixencia, o altruísmo ou a solidariedade entre os personaxes que conforman a novela.
O libro tivo unha acollida bastante dividida. A algúns gustoulles a novela porque o feito de nacer dunha historia real e baseada nunha época tan convulsa fixo que gañase interese. Para outras, en cambio, o libro resultoulles difícil pola cantidade de personaxes que aparecen e por ter un ritmo lento sobre todo ao comezo. Agardaban máis acción e por ese motivo decepcionoulles un pouco.
Gañador do XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, El
sueño de Berlín é o libro co que o grupo de alumnos e alumnas de
1º e 2º de ESO iniciará unha nova andaina do Club de lectura no
noso centro.
Rebautizado
co nome de OS LARPEIROS, pois segundo eles e a súa coordinadora os
libros poden ofrecernos un interminable abano de sabores e de temas;
este libro de doada lectura tráenos unha problemática que afecta a
algunhas persoas e que na adolescencia dá lugar a moitas situacións
complicadas.
A
protagonista da novela Ana sofre TOC, un trastorno obsesivo
compulsivo. Debido a el, vese obrigada a poñer o máximo coidado en
moitas accións da súa día a día.
Bruno,
un compañeiro de clase, non se dá conta de nada disto. Desde que
Ana fixo unha exposición sobre o Antigo Exipto quedou fascinado por
ela e está a desexar coñecela máis.
El
quere poñer en marcha unha viaxe de fin de curso a Berlín, onde se
atopa o Busto de Nefertiti, para cumprir un dos soños de Ana. Co seu
entusiasmo, non se dá conta de que esta viaxe pode angustiala, ao
verse afastada de casa e exposta nunha cidade estranxeira.
El
sueño de Berlín é unha novela onde os seus autores, Ana Alonso e
Javier Pelegrín, nos queren transmitir que por moi grandes que
vexamos algúns problemas sempre poderemos superalos e non debemos
rendernos.
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca
ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os
xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa.
Frieda foxe da
Holanda nazi e do seu pasado, desexando empezar unha nova vida en
América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e
o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a
liberdade.
Lola, Julia e Amparo, as irmás Touza Domínguez,
rexentaban un quiosco e o humilde comedor da estación de Ribadavia
fai case oitenta anos. Sen propoñelo, convertéronse en tres
heroínas que burlaron ás autoridades franquistas e aos axentes da
Gestapo para resgardar a vida de centos de refuxiados que lograron
así cruzar a fronteira de Portugal para partir rumbo á liberdade.
Novela a tres voces
que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido
do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.
Irmás Touza Domínguez
Estación de Ribadavia
O primeiro libro desta nova xeira lectora quere traer ao noso alumnado esta historia heroica e apaixonante.
Para
moitos coñecidas como as
Schindler
galegas,as
irmás Touza salvaron a medio milleiro de
xudeus e refuxiados
sen coñecer a ninguén e sen esperar nada a cambio, sen axudas e sen
buscar xamais o beneficio económico. Aproveitando unha rede xa
establecida para o estraperlo e o contrabando que unía Irún co
norte de Portugal, organizaron a trama que axudou a fuxir aos
perseguidos polo nazismo que chegaban á Península. Lográrono xunto
a Ricardo Pérez Parada, evanxelista e toneleiro,
que facía funcións de tradutor, xa que aprendera
inglés e polaco tras vivir en Nova York; co seu parente taxista,
Xosé Rocha Freixedo,
e co tamén taxista Javier Míguez, alias o Caveira.
Ponte Barxas
As imás Touza recibiron no
seu día o recoñecemento da Rede Sefardí de España e do colectivo
Siboni en Xerusalén, onde se plantou unha árbore co seu nome. Lola
foi declarada Xusta Entre as Nacións, un dos máximos recoñecementos
para a comunidade xudía.
Podes ver o vídeo que realizou a TVG coa historia destas heroínas galegas