martes, 12 de xaneiro de 2021

Primeiros encontros "Atranco no banco"

Antes de rematar o trimestre tivemos o primeiro encontro cos lectores e as lectoras que conforman un dos clubs deste curso. 

O libro que leron en tempo récord foi Atranco no banco de Manuel Nuñez Singala e polos comentarios que suscitou foi do agrado de todos. 

O tempo tan escaso para as reunións fixo que decidiramos ter outra xuntanza á volta das vacacións e tamén para irmos adiantando a seguinte lectura, O que sei do silencio de Andrea Maceiras.