Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa.
Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, desexando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.
Lola, Julia e Amparo, as irmás Touza Domínguez,
rexentaban un quiosco e o humilde comedor da estación de Ribadavia
fai case oitenta anos. Sen propoñelo, convertéronse en tres
heroínas que burlaron ás autoridades franquistas e aos axentes da
Gestapo para resgardar a vida de centos de refuxiados que lograron
así cruzar a fronteira de Portugal para partir rumbo á liberdade.
Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.
Irmás Touza Domínguez |
Estación de Ribadavia |
O primeiro libro desta nova xeira lectora quere traer ao noso alumnado esta historia heroica e apaixonante.
Para moitos coñecidas como as Schindler galegas, as irmás Touza salvaron a medio milleiro de xudeus e refuxiados sen coñecer a ninguén e sen esperar nada a cambio, sen axudas e sen buscar xamais o beneficio económico. Aproveitando unha rede xa establecida para o estraperlo e o contrabando que unía Irún co norte de Portugal, organizaron a trama que axudou a fuxir aos perseguidos polo nazismo que chegaban á Península. Lográrono xunto a Ricardo Pérez Parada, evanxelista e toneleiro, que facía funcións de tradutor, xa que aprendera inglés e polaco tras vivir en Nova York; co seu parente taxista, Xosé Rocha Freixedo, e co tamén taxista Javier Míguez, alias o Caveira.
Ponte Barxas |
As imás Touza recibiron no seu día o recoñecemento da Rede Sefardí de España e do colectivo Siboni en Xerusalén, onde se plantou unha árbore co seu nome. Lola foi declarada Xusta Entre as Nacións, un dos máximos recoñecementos para a comunidade xudía.
Podes ver o vídeo que realizou a TVG coa historia destas heroínas galegas
Ningún comentario:
Publicar un comentario