Gañador do XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, El sueño de Berlín é o libro co que o grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO iniciará unha nova andaina do Club de lectura no noso centro.
Rebautizado
co nome de OS LARPEIROS, pois segundo eles e a súa coordinadora os
libros poden ofrecernos un interminable abano de sabores e de temas;
este libro de doada lectura tráenos unha problemática que afecta a
algunhas persoas e que na adolescencia dá lugar a moitas situacións
complicadas.
A protagonista da novela Ana sofre TOC, un trastorno obsesivo compulsivo. Debido a el, vese obrigada a poñer o máximo coidado en moitas accións da súa día a día.
Bruno, un compañeiro de clase, non se dá conta de nada disto. Desde que Ana fixo unha exposición sobre o Antigo Exipto quedou fascinado por ela e está a desexar coñecela máis.
El quere poñer en marcha unha viaxe de fin de curso a Berlín, onde se atopa o Busto de Nefertiti, para cumprir un dos soños de Ana. Co seu entusiasmo, non se dá conta de que esta viaxe pode angustiala, ao verse afastada de casa e exposta nunha cidade estranxeira.
El sueño de Berlín é unha novela onde os seus autores, Ana Alonso e Javier Pelegrín, nos queren transmitir que por moi grandes que vexamos algúns problemas sempre poderemos superalos e non debemos rendernos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario