Tiñamos ganas de charlar con Eva Mejuto. Despois de 5 anos da súa primeira edición, Memoria do silencio é un dos libros máis lidos en galego entre o público xove. E por este motivo escollémolo no noso club de lectura.
A historia das irmás Touza, moitas veces denominadas as Schindler galegas, non debía quedar esquecida e iso mesmo foi o que nos contou a autora que chegou a ela case por casualidade.Desgraciadamente hai moi pouca documentación pero contou coa inestimable axuda do historiador Ramón Estévez, fillo
de Ramón Estévez, un home de 96 anos que colaborou puntualmente con
Lola nunha ocasión para axudar a cruzar a un dos fuxidos.
E deixou no aire esta pregunta: Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Shindler e non temos idea do que pasou no noso propio país? Nos relatos que consumen/consumimos (filmes, series, libros) faltan aínda moitas historias que contar, especialmente do noso pasado.
Grazas Eva por facer unha tarde diferente!