luns, 22 de xuño de 2026

 

Ao rematarmos, embarcamos cara á Illa de San Simón, onde fixemos unha visita cultural e levamos a cabo unha divertida xincana pola illa. Como premio os gañadores foron os encargados da música na navegación cara ao Porto de Vigo, nas mesmas misteriosas augas que inspiraron aos nosos poetas medievais e ao intrépido Xulio Verne.

 

 Que día tan divertido á beira do mar de Vigo!  Foi unha animada xornada ambientada polos nosos DJ particulares!


 

 

 

 

Despedida final de curso: Roteiro literario a Panxón e visita á Illa de San Simón

 

Xa nos últimos meses de curso e tras as lecturas de A praia dos afogados e de Noite de voraces sombras, o martes 19 de maio puxemos rumbo a Panxón para facer o roteiro literario que xira arredor destes libros. 

 

venres, 8 de maio de 2026

Novo libro tras o Nadal: Noite de voraces sombras

 

Volvemos reunirnos tras o Nadal para falar do novo libro: Noite de voraces sombras, de A. Fernández Paz.

O noso alumnado, a raíz da lectura dos primeiros capítulos, falou das presenzas estrañas que aparecen nalgúns momentos da trama e das crenzas nos fenómenos paranormais, dos amores de verán, das vidas truncadas e dos silencios durante e despois da Guerra Civil, estes foron algúns dos temas máis destacados. 

Veremos que novos temas xorden a partir da lectura das seguintes páxinas!

 

Interesante posta en común de Noite de voraces sombras

Na última xuntanza, a valoración do libro foi positiva e tratáronse temas extrapolables á nosa realidade actual, como as relacións amorosas a distancia, as relacións familiares e os segredos, ademais dos lugares onde se desenvolve a acción, entre eles a Illa de San Simón, cunha gran historia no seu haber. Así, tirando do fío e das galletas que nos acompañaban para a ocasión, xurdiu a idea de facer unha saída para coñecer ese lugar tan emblemático na historia de Galicia. 

A ver se a podemos levar a cabo!!

 

venres, 17 de abril de 2026

Volvemos xuntarnos tod@s polo Nadal!

 

Na última xuntanza do trimestre coincidente coa época de Nadal houbo tempo para compartir opinións e petiscos entre todos os integrantes do club sobre os diferentes libros lidos nas distintas seccións nos primeiros meses do presente curso. Esta reunión sempre é especial e moi ben recibida por todos nós dada a época na que nos atopamos.

 


Seguimos compartindo libros e opinións

 

Nas seguintes reunións o alumnado fixo interesantes achegas e reflexións sobre temas que se tratan no libro como os comportamentos e relación dentro dos grupos de amigos, os intereses que teñen os adolescentes, os silencios ante os casos de violencia,… O libro de O que sei do silencio tivo boa acollida e unha valoración ben positiva.

 

 

Na sección de misterio e ciencia ficción “Detectives dos crimes das palabras” un dos libros escollidos nos primeiros meses foi un clásico desta temática como é O misterio das badaladas de Xabier DoCampo.