No ano 1962 Robert Mulligan levou á pantalla grande a novela de Harper Lee co título orixinal To Kill a Mockingbird e que foi protagonizada por Gregory Peck, quen gañaría o Oscar ese ano, Mary Badham e Robert Duvall entre outros. Ademais de colleitar outros premios como os Globos de Ouro e os premios BAFTA, obtivo moito éxito de crítica e de público; sendo considerada hoxe todo un clásico do cine norteamericano.
A novela gráfica que estivemos a ler está claramente baseada no filme porque como é lóxico cine e banda deseñada son dúas caras da mesma moeda, coas súas semellanzas e tamén coas súas diferenzas.E iso foi precisamente no que quixemos fixarnos; en como se narraban no libro algunhas secuencias cinematográficas e a que solucións tamén chegou o debuxante para contarnos a historia.



