Engurras
narra a tenra historia de amizade entre dous anciáns, Emilio e Miguel. Emilio, recén
chegado á residencia, comparte cuarto con Miguel, un veterano que lle axuda a
integrarse, dándolle a súa particular visión sobre as regras, as rutinas, os
residentes e os espazos do seu novo domicilio.
Pero a súa memoria empeza a
borrarse a pesar dos seus intentos de contrarrestar ou ocultar os efectos da
enfermidade. Enrugas conta
con precisión e dende unha ollada intimista, non exenta de dureza, esa batalla
contra a vellez ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha
conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de banda deseñada en 2008 e
que conta xa con adaptación ao cine.
Dentro das actividades paralelas que
deseñamos dentro do club de banda deseñada, esta mañá visitounos
o ilustrador e debuxante Xosé
Tomás.
A súa obra sitúase na ilustración
infantil e xuvenil, con títulos como O caderno azul (Xerais, Vigo),
El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo
de los niños (Edebé, Barcelona) María é Maior (Baía, A Coruña),
O pirata Metepata (Baía, A Coruña), Sabeliña e os ratos (Galaxia,
Vigo), Animalia e outros moitos...
Tamén
é autor da novela gráfica Nómades (Galaxia), onde
as mulleres son as protagonistas de diferentes historias cuxa
temática vai do desarraigo, a explotación, a incomprensión ou o
desamparo, aínda que ao final sempre pode encontrarse un sopro de
esperanza. Esta
precisamente foi a primeira lectura coa que iniciamos o club Lendo o
Mundo deste curso.
O
obradoiro artellábase en dúas partes:
Unha
primeira que servía de introdución e de coñecemento dos elementos
indispensables da banda deseñada. Dende os inicios de contar
historias a partir de debuxos ata a importancia da elipse, das liñas
cinéticas, dos estereotipos e das diferentes formas que poden
adoptar as viñetas.
Na segunda parte do obradoiro, o
alumnado tivo
que poñer en práctica todo o aprendido.
Para o nadal tiñamos unha tarefa encomendada, ler o libro de María e mais eu para compartir todo aquilo que nos parecera e poñer enriba da mesa as nosas opinións e tamén as emocións que o libro deixou en nós.
A modo de xogo, recortamos algunhas das viñetas do libro para así cada un de nós explicar que tiñan que ver coa protagonista e con todo o que nos quería contar o autor.
Descubrimos a importancia dos pictogramas para as persoas con autismo e tamén nos fixeron graza moitas das situacións ás que se ten que enfrontar María e o seu entorno no día a día.
Para nós é un libro non só recomendable senón tamén necesario para todo o mundo e coa súa lectura pasas moi bos momentos.
Para rematar este post deixámosvos cunha canción de Kevin Johansen que se titula Everything
is falling into place (Todo está caendo no seu lugar). A música deste tema asalta ao pai de María cando a ve concentrada deixando caer entre as mans os grans de area que recolle na praia.
Everything is falling into place/ Todo está caendo no seu lugar Sei
que soa mal / E non teño a cara
Pero
ultimamente
todo / está a
quedarno
seu
lugar
Sei
que soa parvo / Pero non é ningunha deshonra
Séntese
tan condeadamente boa / Para estar fóra da carreira
Sei
que soa estraño / a sentirse realmente libre
Pero,
como pode queixarse
Se
se trata da forma en que está destinado a ser
Vostede
sabe que ten un corazón pop / Que máis podo dicir?
Encántame unha canción sinxela / que ninguén pode xogar
Ver
esta nena / Ela é de 7 anos (4 na foto)
Vostede
escoita cantar / e escoitar a súa alma
Entón,
cal é a necesidade / Para todos nós como raza
María e mais eu é o libro escollido para iniciar o club de lectura de 1º ciclo e tamén o será para os alumnos do club de 2º ciclo na final do trimestre.
Deixamos aquí unha ligazón ao documental que se pode ver en RTVE á carta, onde conta
a historia de María, a filla do debuxante Miguel Gallardo e que
padece autismo, e a relación dos dous nunhas vacacións nas
Canarias.
A viaxe de María é unha animación curta que ilustra tamén todo o que logo atoparás na lectura e coa que poderás entender mellor ás persoas autistas e ás súas familias e amigos.
Logo de algún que outro contratempo, xa que os exames e os traballos fan que esteamos ocupados de máis, conseguimos reunir a case todos os membros do club de lectura de 2º ciclo de ESO, formado por:
Brais Albarrán, Iago Alonso, Ángel Esperón, Nicolás Freijeiro, Óscar Nogueira, Arón Piñeiro, David Piñeiro, Marcos Sabor e Zoe Ribas.
Presentámoslles o libro de banda deseñada co cal iniciamos a nosa andaina lectora. Unha obra que pode servirnos para reflexionar sobre cuestións que a diario están nos medios de comunicación pero que as sentimos alleas a nós e que falan de seres humanos que sofren, que loitan e que agardan un futuro mellor.
Aquí vos deixamos un vídeo feito a partir de noticias saídas nos medios e que tratan algúns dos temas que saen no libro: a inmigración ilegal, a trata de mulleres, as guerras ou a homosexualidade. Visionar este documento pode ser moi útil para entender logo as historias que nos presenta o autor Xosé Tomás.
A vindeira semana principiamos as nosas andainas lectoras e reunirémonos para presentarvos as lecturas coas que iniciamos o noso club "Lendo o mundo", centrándonos sobre todo na Banda Deseñada.
Luns 4 de Novembro: Reunión Club de 2º ciclo da ESO.
Martes 5 de Novembro: Reunión Club de 1º ciclo da ESO.
Os libros elixidos para a primeira parte do trimestre son:
Nómades de Xosé Tomás. Editorial Galaxia
As
mulleres de Nómades son persoas que o arriscan todo para cruzar o
mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se prostitúen
para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas
familias, que “non preguntan”; mulleres que adquiren unha
cualificación profesional e académica e que chegan a situarse
comodamente na sociedade, pero sen que por iso sexan de todo
aceptadas; anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa é tarde
para acadar a integración; empregadas do fogar sen papeis que non
inspiran nin mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e
legal; e nenas que se integran, que se abren camiño con normalidade
na nova sociedade e borran toda pegada dun pasado de dor e
indefensión. NÓMADESé
unha homenaxe ás pequenas historias íntimas.
María e mais eu de Miguel Gallardo. El Patito Editorial
Miguel Gallardo, afeito a se comunicar visualmente coa súa filla
María, quere compartilo cos seus lectores coma se nós fósemos ela
e a través dos seus debuxos entendamos a súa mensaxe sinxela e
breve dunha maneira inequívoca. Un grande atractivo deste libro é
que corrixe moitos tópicos sobre os nenos con autismo, unha síndrome
que se diagnostica cada vez con maior frecuencia. María non é tan
distante nin tan fría, senón emocional, afectuosa, alén das
peculiaridades do trastorno que padece. Todo o que María fai, ten un
significado para ela. Nós tamén podemos facer máis feliz a María
e a todos os nenos coma ela, sinxelamente aceptándoa tal como é:
única, coma todos os demais.