Dentro das actividades paralelas que
deseñamos dentro do club de banda deseñada, esta mañá visitounos
o ilustrador e debuxante Xosé
Tomás.
A súa obra sitúase na ilustración
infantil e xuvenil, con títulos como O caderno azul (Xerais, Vigo),
El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo
de los niños (Edebé, Barcelona) María é Maior (Baía, A Coruña),
O pirata Metepata (Baía, A Coruña), Sabeliña e os ratos (Galaxia,
Vigo), Animalia e outros moitos...
Tamén
é autor da novela gráfica Nómades (Galaxia), onde
as mulleres son as protagonistas de diferentes historias cuxa
temática vai do desarraigo, a explotación, a incomprensión ou o
desamparo, aínda que ao final sempre pode encontrarse un sopro de
esperanza. Esta
precisamente foi a primeira lectura coa que iniciamos o club Lendo o
Mundo deste curso.
O
obradoiro artellábase en dúas partes:
Unha
primeira que servía de introdución e de coñecemento dos elementos
indispensables da banda deseñada. Dende os inicios de contar
historias a partir de debuxos ata a importancia da elipse, das liñas
cinéticas, dos estereotipos e das diferentes formas que poden
adoptar as viñetas.
Na segunda parte do obradoiro, o
alumnado tivo
que poñer en práctica todo o aprendido.
Unha mañá moi proveitosa para
todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario