Engurras
narra a tenra historia de amizade entre dous anciáns, Emilio e Miguel. Emilio, recén
chegado á residencia, comparte cuarto con Miguel, un veterano que lle axuda a
integrarse, dándolle a súa particular visión sobre as regras, as rutinas, os
residentes e os espazos do seu novo domicilio.
Pero a súa memoria empeza a
borrarse a pesar dos seus intentos de contrarrestar ou ocultar os efectos da
enfermidade. Enrugas conta
con precisión e dende unha ollada intimista, non exenta de dureza, esa batalla
contra a vellez ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha
conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de banda deseñada en 2008 e
que conta xa con adaptación ao cine.
Iste libro foi moi entretido, estiven moi pendente sobre o que pasaba, as aventuras de Emilio e Miguel, sobre a loita contra a sua terrible enfermidade e as solución que teñen ainda que non fosen moi acertadas.
ResponderEliminarEu recomendó Enrrugas a todos aquiles que lles guste as novelas gráficas e ter un gran impacto sobre a vida da xente maior.