Este é o título do terceiro libro da sección “Viaxa lendo un mundo de cine” que lles ofrecemos aos nosos lectores para os meses de abril e maio. É unha novela de aventuras de ciencia ficción, que trata temas relacionados co medio ambiente e a ecoloxía. Co engadido de que está ilustrado por Miguelanxo Prado, premio Nacional do Cómic e debuxante recoñecido internacionalmente. Os protagonistas deste libro de Ramón Caride son dous irmáns, Said e Sheila, dous rapaces do futuro que xa protagonizaran outros libros anteriores do autor, como Perigo vexetal (Premio Merlín 1995), que están a ler os alumnos de 1ºESO.
Estes irmáns, defensores do medio ambiente e da xustiza, que loitan pacificamente por preservalo, viven no ano 2077 nun vello muíño da costa de Galicia. Tras un estraño terremoto, acaban caendo por unha fenda do espazo-tempo que os leva a unha viaxe ao pasado: o ano 2000. Terán que enfrontarse a podesosos grupos do pasado que, movidos por intereses económicos, buscan explotar zonas costeiras, sen importarlles as graves consecuencias no medio natural.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario