xoves, 27 de marzo de 2025

"Apocalipsis Z: El principio del fin"

 O segundo libro elixido  para a sección de "ciencia ficción e novela negra" foi unha novela de moito éxito e que foi levada ao cine: Apocalipsis Z: El principio del fin, de Manuel Loureiro.

 Trátase do primeiro libro dunha triloxía e polo cal os nosos lectores se sentiron atrapados, ficción esta chea de acción e suspense. A súa presentación, escrito en forma de diario, permite unha inmersión profunda nos pensamentos e emocións do protagonista. Unha enfermidade vírica propágase sen control por todo o planeta volvendo aos infectados polo virus persoas cunha agresividade sen límites. O protagonista trata de sobrevivir nese mundo postapocalíptico. A trama, que combina elementos de terror e suspense, mantén ao lector en constante tensión mentres explora temas como a resiliencia humana e a loita pola supervivencia nun entorno hostil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario