Hoxe tocou falar do libro que estivemos lendo os últimos tempos e tiña moito para comentar. Comezando polo choque cultural, a falta de empatía ou a incomprensión á que se enfronta a protagonista.
O evidente é que non sempre unha decisión meditada acaba como unha espera e hai outros moitos factores que non dependen dun mesmo. Por este motivo Leila sente en ocasións que vai tirar a toalla e noutras se reafirma nas súas crenzas e en si mesma.
Tamén deu pé a falar dos diferentes xeitos de entender a tradición e que iso non necesariamente se contrapón cunha maneira de vivir actual. Por ese motivo, vivimos o conflito familiar de Amal á que pretenden casar en contra da súa vontade.
O concepto de identidade tamén está presente no libro pois a protagonista é australiana, tamén musulmá e a multiculturalidade da sociedade australiana non sempre está clara.
Este vídeo de Xavi Sala pode servir para seguir afondando no conflito que pon sobre a mesa o libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario