Para comezar o segundo trimestre o alumnado leu a obra de Andrea
Maceiras O que sei do silencio.
Debido ao escaso
tempo co que contamos nos recreos, que nos voa e sempre nos deixa con
ganas de seguir compartindo as nosas opinións e reflexións sobre as
obras, tivemos dúas xuntanzas para falarmos desta novela que sen
dúbida os nosos lectores e lectoras recomendan.
O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia, a narradora da obra, se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO.
A novela, que segundo a autora se inspirou nun suceso real, engaiolounos e fíxonos reflexionar
fondamente sobre un tema tan de actualidade como é o acoso escolar e
que se aborda desde a experiencia dunha acosadora pasiva e
arrepentida.
A obra ensínanos a non mirar cara a outro
lado, a ser valentes e a pedir axuda.
A pesar da crueza con que se conta esta historia, O que sei do silencio
transmítenos unha mensaxe necesaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario