A miña planta de laranxa lima é un libro sobre a tenrura, que en 1968
encabezou a lista de best sellers (O meu pé de laranja-lima) no Brasil e aínda hoxe segue a ser lectura obrigada nas escolas. Leva vendidos máis de tres millóns de exemplares e despois de cincuenta e dous anos transcorridos dende a súa publicación segue a estar entre os libros de máis éxito; sendo levado ao cinema en varias ocasións.
Conta a historia dun neno de nome Zezé que un día descubriu a dor e se fixo adulto precozmente.
Zezé é un neno de 5 anos, traveso e intelixente, que vive nunha favela coa súa familia, moi numerosa e pobre. Preto da súa nova casa atopa unha planta de laranxa lima á que Zezé trata coma se fose o seu mellor amigo, contándolle o seu día a día.
A historia ten elementos autobiográficos porque o seu autor, José Mauro de Vasconcelos, durante a súa infancia pasou grandes penurias económicas.
A pesar de ser un libro que gustou entre os compoñentes do club e incluso algún confesou que estivo a piques de chorar, cren que foi unha obra que lles provocou tristura e que non están afeitos a ler este tipo de historias.
Antes de despedírmonos ata a vindeira xuntanza do club, xa a última deste trimestre, presentamos a nova lectura que dá un xiro tanto á temática como ao estilo e que tamén foi unha novela de moito éxito titulada La tejedora de la muerte, de Concha López.
Ningún comentario:
Publicar un comentario