Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os
océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no
mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende
alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña
peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto
e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en
que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados.
Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías
que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión
sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos
de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a
xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando.
O ceo dos afogados, primeira novela de Francisco Castro na
colección Fóra de Xogo e finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de
literatura xuvenil, aborda -baixo a aparencia dunha novela de aventuras e
intriga- a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e
o desenvolvemento sostible do planeta.
Este libro pareceume moi interesante. Unha cousa que me gustou foi ver as cousas desde o punto de vista do noso protagonista con autismo e tamén pareceume incríble como se relaciona cos golfiños. En resume podería dicir que este libro é moi chulo.
ResponderEliminar